viernes, 29 de octubre de 2010

A TENRURA "FRANCISCANA" NA OBRA POÉTICA DE D. FAUSTINO REY ROMERO.




A ESCOLANÍA DEL MERLOS






No febreiro de 2009-(ver archivo do blog) escribía sobre a vida e obra deste poeta, ademáis das súas anecdotas, no seu paso por esta cidade e bisbarra.
Explorando na miña pequeniña biblioteca, atopei un libro que mercara no 1968. Escolma de Poesía Galega. Os Contemporaneos. De Francisco Fernández del Riego, editado por Galaxia en 1955. E alí estaba Rey Romero, elexido entre outros poetas, como Noriega Varela,Cabanillas, Otero Pedrallo, Bouza Brey, Blanco Amor, Manuel María....
Sete poemas foron os seleccionados.Transcribo catro deles para que poidan coñecelos aqueles que ainda non atoparon esta oportunidade.

O SAPO

Ollaino polos camiños,
á anoitecida, cantando.
¿Qué sapa será a raíña
do meu sapiño romántico?

CANTA,PAXARIÑO,CANTA

Canta, paxariño, canta
canta, que a aurora xa veu.
Teño un amor que me encanta,
que é noviño este amor meu.
Pía, paxariño, pía,
pía, que xa morre o día.
A min morreume un amor.
Só ti, no aleiro pousado,
o meu corazón magoado,
acompañas no seu dor.

O MELRO

Prestidixitador de melodías,
que, sin canon saber nin seguir pauta,
cantando arreo, nunca te estravías
no ar do ritmo, voadora frauta.
Dí,¿qué aramio sutil é ese en que enfías
coma pérolas de ouro a nota esauta?
¿De qué mestre aprendeche a que asubías,
melodía lanzal, música intauta?
¿Foches anxo de Deus? Puido ser iso.
¿Ou paxaro cantor no Paradiso,
onde a dita perfeita El Señor forxa?
Anxo foras, se, en vez de moura pruma,
anzas brancas tiveras como a escuma,
pois é de anxo canora a túa gorxa.

O MERLO LARPEIRO

Máis que melro cantor, eres larpeiro.
-Se che ofendo, disculpa, o que che digo-
Nomearche a cereixa, a uva, o figo...
ágoa debe facerche no peteiro.
Esa sona que tes de lambisqueiro
xa no é nova, que che ven de antigo,
porque dunha figueira es máis amigo
que da ponla lustrosa dun loureiro.
E o teu gozo meirande andar de esmorga,
pois sabes que ó que ten valeira a andorga
élle imposibre ter o ánimo ergueito.
Anque o teu proceder eu non comparto,
cando vexo que tes o buche farto,
que che faga, desexo, bon proveito.


Despois de ler estes dous poemas da Escolanía de Melros, entendo a Carme, miña sogra, que no eido da súa casa en Ribadelouro, ao alviscar melros, enfurrúxase toda, pensando nas cereixas da súa cerdeira berciana. Máis logo de escoitar as súas melodías, dilles:
-Está ben, coller duas ou tres. ¡As outras son para mín!.-

Especulando no tempo, ¿Qué escribiría hoxe D. Faustino destes melros de notas prodixiosas?. Escribiría notas necrolóxicas ao ver, aos
seus melros, comer millo, centeo e trigo tranxénico. Inxerir insecticidas pestilentos, o abandono do cultivo nos campos de labor, o cambio climático...¡Qué comeran estas criaturas anxelicales! ¿Onde están os poetas para denuncialo? Seguramente D. Faustino, laiaríase nos seus versos.

Estamos en elo. Un colectivo tudense está preparando ante a Real Academia Galega , unha solicitude formal de petición para que se adique un día das letras galegas a este Rvdo.- poeta, rianxeiro-tudense.

1 comentario:

XC dijo...

Estades a facer un labor encomiable a prol do poeta, e da súa obra, de Isorna-Rianxo, Don Faustino Rey Romero. Parabéns.
Xosé Comoxo